Vilamarín inaugura esta noite as XXXVII Noites Teatrais coa estrea de 'Que veñen os americanos'

OurenseXa
O Grupo de Teatro de Vilamarín abre o ciclo cunha comedia dirixida por Eva Tato e Galicia Gutiérrez "Gali"
presentacion-noites-tatrais-de-vilamarin
13 Jul 2026

As XXXVII Noites Teatrais de Vilamarín arrancan este luns, 13 de xullo, coa estrea de Que veñen os americanos, a nova proposta do Grupo de Teatro de Vilamarín. A representación terá lugar ás 22.00 horas no Auditorio do Concello, con entrada libre ata completar o aforo.

A obra, adaptada e dirixida por Eva Tato e Galicia Gutiérrez "Gali", está protagonizada por un amplo elenco de veciñas e veciños do municipio: Iván Novoa, Pepita López, Cristina Ucha, Herminia López, Marilisa Freijedo, Tania Pérez, Alicia Cortés, Modesto Veiras, Amalia Conde, Pepita Guzmán, Consuelo Pérez, Camila Rodríguez e Maricarmen Gómez.

A comedia sitúa a acción nunha pequena vila onde a chegada dunha delegación estadounidense esperta grandes expectativas entre a veciñanza. Entre preparativos, música, situacións cómicas e numerosos enredos, o pobo enteiro mobilízase coa esperanza de que a visita traia prosperidade e un futuro mellor.

Que veñen os americanos combina humor, tenrura e sátira para ofrecer unha mirada irónica sobre os soños e ilusións dunha comunidade, converténdose na encargada de abrir unha nova edición das Noites Teatrais, unha das citas culturais máis consolidadas do verán en Vilamarín.

0.12565302848816