Vilariño da Veiga celebra as festas en honra á Virxe do Carme do 4 ao 6 de setembro

A parroquia de Vilariño da Veiga, no Concello de Xunqueira de Ambía, acollerá entre os días 4 e 6 de setembro as súas festas patronais en honra á Virxe do Carme, cun programa que combina música, lecer infantil e actos relixiosos.
O venres 4 dará comezo aos festexos a partir das 23.00 horas, cunha sesión de baile aberta a todos os veciños que queiran sumarse ao inicio das festas.
O sábado 5, a xornada comezará pola tarde, ás 17.00 horas, con xogos pensados para os máis pequenos e colchonetas hinchables de acceso gratuíto. Xa entrada a noite, a festa continuará cunha verbena amenizada polo dúo Oro Negro.
O domingo 6, último día de celebración, comezará cunha alborada e unha sesión vermú a cargo dun grupo de gaitas. Ás 12.00 horas celebrarase unha misa solemne en honra á Virxe do Carme. Pola tarde, os nenos volverán dispor de colchonetas gratuítas, e a xornada festiva pecharase coa actuación do trío Xtra.