Vilaverde celebra as súas festas en honra a San Bartolomeu do 22 ao 24 de agosto

Vilaverde, no Concello de Melón, vivirá as súas festas patronais en honra a San Bartolomeu, que se celebrarán entre o sábado 22 e o luns 24 de agosto.
O sábado 22, ás 23.00 horas, terá lugar a verbena, amenizada polo grupo Rubí xunto ao DJ Tibu. Ao longo da noite está previsto que se celebren varios sorteos entre os asistentes.
Os actos continuarán o luns 24 coa procesión e a misa solemne, que comezará ás 12.30 horas e contará co acompañamento musical dos gaiteiros de Berán.
Dende o Concello de Melón anímase aos veciños e visitantes a se achegar a Vilaverde estes días para desfrutar do ambiente festivo e da tradición que arrodea estas celebracións.