Visitas guiadas ao Arquivo e á Bibliotecade Ourense dentro da Semana da Administración Aberta

OurenseXa
A Semana da Administración Aberta é unhainiciativa impulsada a nivel mundial pola Alianza para o Goberno Aberto que ten como finalidade a organización de eventos que acheguen as Administracións Públicas á cidadanía
Claustro de San Francisco
14 Jun 2024

A Subdelegación do Goberno en Ourense organizou diversasactividades para conmemorar a Semana da Administración Aberta, que na súa edición 2024 está a ter lugar do 10 ao 16 de xuño.

A Semana da Administración Aberta é unhainiciativa impulsada a nivel mundial pola Alianza para o Goberno Aberto que ten como finalidade a organización de eventos que acheguen as Administracións Públicas á cidadanía.

Con este obxectivo, a Subdelegación do Goberno en Ourense acolleu o 11 de xuño unhavisita na que deu a coñecer ás 25 persoasparticipantes as súas intalacións e todos os servizos que ofrece, da man do Secretario Xeral, Manuel Arias, e dos xefes das distintas secciónsque a integran (Rexistro, Extranxeiría, Infraccións Administrativas, Protección Civil, Administración Territorial, Violencia contra a Muller, entre outras).

Ademais, os asistentes acudiron a unha xornadainformativa sobre a administración electrónica,na que persoal da Subdelegación lles expediu o certificado de persoa física da Fábrica Nacional de Moneda e Timbre, e lles aclarou os tipos de certificados electrónicos dos que dispoñen e as distintas xestións que poden realizar con eles as 24 horas e dende calquera ubicación.

Visitas guiadas

Así mesmo, dentro do programa da Semana da Administración Aberta, a Subdelegación do Goberno en Ourense organizou dúas visitas guiadas: ao Arquivo Histórico e á Biblioteca Pública.

O 12 de xuño, en tres quendas de visita, máis de 100 funcionarios públicos de diversos organismos descubriron as instalacións e a historia do Arquivo Histórico Provincial de Ourense.

O Subdelegado do Goberno en Ourense, Eladio Santos, e o Secretario Xeral, Manuel Arias, acompañaron a un dos grupos participantes, entre os que se atopaba persoal do Catastro, a Comisaría Provincial da Policía Nacional e a Comandancia da Garda Civil de Ourense. Entre os asistentes estiveron o comandante da Garda Civil, José Benito Fernández Santamarina, e o comisario da Policía Nacional, Juan Cástor Vázquez Salgado.

Tamén funcionarios do INE, a Seguridade Social, o SEPE e Defensa participaron nesta actividade.

Pola súa banda, 140 rapaces dos CEIP Amadeo Rodríguez Barroso, Curros Enríquez e Cardenal Cisneros achegáronse os días 12 e 13 de xuño a coñecer a Biblioteca Pública Nós, percorrendoos seus diversos e singulares espacios de lectura e realizando actividades lúdicas.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17656588554382