Volve o Programa Rosalía a Xunqueira de Ambía

O vindeiro 23 de xuño terá lugar no antigo local de Abanca unha actividade titulada ‘Comunícate con seguridade. Expresión e confianza en público’
programa-rosalia-xunqueira-de-ambia
20 Jun 2026

O Programa Rosalía regresa ao concello de Xunqueira de Ambía o vindeiro 23 de xuño cunha actividade titulada ‘Comunícate con seguridade. Expresión e confianza en público’, que se desenvolverá no antigo local de Abanca ás 18:00 horas.

Trátase dunha iniciativa de xestión compartida financiada pola Xunta de Galicia na que participan catro concellos da provincia de Ourense: Sandiás, Rairiz de Veiga, Vilar de Barrio e Xunqueira de Ambía.

A iniciativa diríxense a todas as mulleres co obxectivo de fomentar as súas habilidades laborais e persoais, ademais das súas capacidades profesionais e autoestima.

0.12272119522095