Xa se pode ver na casa da Casa de Cultura de Allariz a mostra do alumnado Escola Municipal de Pintura

OurenseXa
Permanecerá aberta ao público ata o vindeiro 19 de xuño
mostra-alumnado-pintura-allariz
1 Jun 2026

A Escola Municipal de Pintura de Allariz inaugurou o pasado xoves a súa exposición de fin de curso na Casa de Cultura, unha mostra que reúne os traballos realizados polo alumnado ao longo dos últimos meses.

A exposición permite achegar á veciñanza de Allariz a creatividade dos pequenos e pequenas artistas, ao tempo que pon en valor o esforzo e a ilusión co que desenvolven a súa aprendizaxe na escola municipal.

Trátase dunha mostra aberta a participantes de distintas idades, na que destacan a variedade de estilos, o uso da cor e a diversidade de propostas artísticas presentadas, e que busca recoñecer o traballo realizado durante o curso e dar visibilidade á evolución creativa do alumnado.

0.13164520263672