Xunqueira de Ambía acolle unha nova sesión do Programa Rosalía centrada na alimentación feminina

A actividade abordará a importancia da alimentación ao longo das diferentes etapas da vida das mulleres e forma parte dunha iniciativa compartida con outros tres concellos da provincia
charla-programa-rosalia-xunqueira-de-ambia
8 Jul 2026

Xunqueira de Ambía celebrará unha nova actividade dentro do Programa Rosalía este xoves, 9 de xullo, cunha sesión centrada na alimentación e na súa importancia ao longo do ciclo vital feminino.

A charla desenvolverase ás 18.00 horas no antigo local de Abanca e permitirá abordar o papel que desempeña a alimentación nas diferentes etapas da vida das mulleres, incidindo na súa relación co benestar e a saúde.

O Programa Rosalía forma parte dunha iniciativa de xestión compartida financiada pola Xunta de Galicia na que participan os concellos de Sandiás, Rairiz de Veiga, Vilar de Barrio e Xunqueira de Ambía.

O proxecto está dirixido a todas as mulleres e ten como obxectivo potenciar as súas habilidades persoais e laborais, ao tempo que busca reforzar as capacidades profesionais, a autoestima e o desenvolvemento persoal das participantes.

0.14586091041565