Xunqueira de Espadanedo acolle este venres unha tarde dedicada aos máis pequenos

RibeiraSacraXa | OurenseXa
Haberá polvos Holy, unha festa da escuma, inchables e moito xogo
xornada-infantil-xiunqueira-espadanedo
27 Aug 2026

Xunqueira de Espadanedo celebrará o vindeiro 28 de agosto unha xornada infantil pensada para que os máis pequenos desfruten dunha mañá repleta de actividades e diversión.

A programación desenvolverase no campo de fútbol entre as 11.00 e as 14.00 horas e incluirá diferentes propostas de lecer, entre elas polvos Holy, unha festa da escuma, xincanas inchables e xogos desenchufables.

A iniciativa permitirá aos nenos e nenas participar en actividades ao aire libre e desfrutar dunha xornada especialmente deseñada para eles.

0.10224318504333