Xunqueira de Espadanedo remata as obras de mellora no Museo-Taller de Olería de Niñodaguia

RibeiraSacraXa | OurenseXa
A actuación, cun orzamento de 13.000 euros, permitiu acondicionar a contorna e os tanques de purificación das instalacións
obras de mellora no Museo-Taller de Olería de Niñodaguia-Xunqueira de Espadanedo
Fotos: Concello de Xunqueira de Espadanedo
12 Nov 2026

O Concello de Xunqueira de Espadanedo deu por rematados os traballos de acondicionamento da contorna e dos tanques de purificación do Museo-Taller de Olería de Niñodaguia, segundo informou a propia administración local.

A actuación tivo un custo total de 13.000 euros, IVE incluído, e responde ao obxectivo de mellorar as instalacións vinculadas a este espazo dedicado á artesanía tradicional da zona.

En canto ao financiamento, a maior parte do investimento procede dunha subvención concedida pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, a través da Dirección Xeral de Comercio e Consumo, que cubriu o 90 % do custo total, é dicir, 11.700 euros. O resto, 1.300 euros, foi aportado con fondos propios do Concello.

Dende o Concello salientouse que esta intervención resulta clave para poñer en valor a artesanía tradicional do municipio e para seguir impulsando o coidado do patrimonio cultural local, en liña co traballo que se vén desenvolvendo arredor do Museo-Taller de Olería como espazo de referencia para a olería da comarca.

0.1573760509491