Xunta e empresarios do ocio nocturno avanzan en Ourense no programa contra violencias sexuais e lgtifóbicas

OurenseXa
O protocolo establece unhas pautas e unha guía de actuación no caso de producirse unha agresión sexual ou un acto violento contra as persoas LGTBI
Ourense-casco-hitorico-recurso
3 Oct 2024

O director xeral de Loita contra a Violencia de Xénero, Roberto Barba, reuniuse este xoves con empresarios do ocio nocturno da cidade de Ourense. O obxectivo deste encontro foi promover a adhesión de máis locais ao ‘Protocolo de actuación contra as violencias sexuais e LGTBIfóbicas’ promovido pola Xunta de Galicia.

O protocolo establece unhas pautas e unha guía de actuación no caso de producirse unha agresión sexual ou un acto violento contra as persoas LGTBI mentres desfrutan no interior dos locais. Dende o mes de xuño, este protocolo está incluído no programa obrigatorio para obter o título de Controlador de accesos en Galicia.

Neste senso, o director xeral de Loita contra a Violencia de Xénero fixo fincapé na importancia de sumar esforzos na loita contra calquera tipo de violencia para que o lecer nocturno sexa un espazo seguro de convivencia. Así mesmo, Roberto Barba destacou a importancia de contar cun protocolo unificado en Galicia que permita dar unha resposta rápida e coordinada ante calquera agresión.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.13282299041748