Novas de Nogueira de Ramuín
Ecos de Moura organiza unha nova edición do seu taller de Ecopercusión
Será o 14 de marzo na Escola de Moura e será necesaria inscrición previa
A Asociación de Veciños San Ramón de Armaríz organiza a V Irmandade de Entroidos
Estarán presentes os Felos e as Madamas de Esgos, o Fulión Mourela pra acá de Manzaneda, as Pantallas de Xinzo, os Peliquieios e Parrafóns de Campobecerros, os Felos de Maceda e os Vellaróns de Riós
Aberto o prazo para participar no concurso de comparsas do Entroido de Nogueira de Ramuín
As inscricións poden facerse ata o 12 de febreiro a través do Departamento de Cultura
Todo preparado para unha nova edición da Ribeira Sacra MBT Xperience
Celebrarase os días 29, 30 e 31 de maio e as inscricións están abertas ata o 25 dese mesmo mes ou ata completar o cupo de participantes
A Xunta destina 1,5 millóns á segunda fase de axudas para a conservación paisaxística da Ribeira Sacra
A convocatoria anterior permitiu recoñecer o labor de 794 viticultores a través dun orzamento de algo máis de 1,3 millóns de euros
O Goberno Central destina 2 millóns de euros á recuperación dos castiñeiros no monte da Moura, en Nogueira de Ramuín
O proxecto está liderado polo Concello en colaboración co Centro de Investigación Forestal de Lourizán e a Asociación de Mulleres Rurais Ecos de Moura
A Deputación impulsa a mellora das infraestruturas deportivas da provincia
A institución provincial destina esta semana destina esta semana 42.000 euros a apoiar entidades culturais e deportivas e 610.200 euros á cooperación con concellos
O PP de Nogueira de Ramuín elixe a Raúl Soto novo presidente da agrupación local
Soto chega ao cargo con dous obxectivos clave: ofrecer maior benestar aos maiores e mostrar á mocidade un rural atractivo para vivir e traballar
Preto de 550 persoas déronse cita en Nogueira de Ramuín para celebrar o San Martiño
As participantes gozaron dun Magosto onde non faltou a comida nunha xornada amenizada pola música da charanga Nova Trives
Nogueira de Ramuín organiza unha nova edición da súa andaina solidaria
A camiñada será o 29 de novembro e destinará os fondos á Asociación de Persoas con Discapacidade de Ourense (ADO)
O IV Campionato de Tapas e Pinchos de Galicia consolidou á provincia de Ourense como epicentro da innovación gastronómica
O concurso, celebrado esta semana no Mosteiro de San Pedro de Rocas, alzou como gañador a Samuel Moreno, do restaurante O Campanario de Nogueira de Ramuín, coa súa creación ‘Lume na Terra’
Máis de 200 ciclistas percorrerán a Ribeira Sacra na V edición da Cycling Road
O evento celebrarase o próximo domingo, 21 de setembro, e percorrerá os concellos ourensáns de Pereiro de Aguiar, Esgos, Xunqueira de Espadanedo, A Teixeira, Parada de Sil e Nogueira de Ramuín
O programa VALOR-ES chega a Nogueira de Ramuín con obradoiros gratuítos para mulleres
O primeiro obradoiro, titulado “Renova o teu mundo interior”, terá lugar este venres 22 de agosto
A 7ª edición do Fest Clásico Ribeira Sacra regresa en agosto con concertos en Chantada, Os Peares, Luíntra e Pantón
Os concertos desenvolveranse os días 24, 29, 30 e 31 de agosto
A Deputación de Ourense garante o seu apoio ao Plan de Mobilidade Sostible da Ribeira Sacra
O programa ten como obxectivo converter a Ribeira Sacra nun “territorio descarbonizado” en 2030
O ‘Circuíto provincial de cine de verán 2025’ achegará 5 películas a 30 concellos ourensáns
As sesións, que se estenderán ata o 30 de setembro, incluirán películas como ‘As Neves’, ‘Antes de Nós – Castelao’, ‘Os demos de Barro’ e a cinta de animación ‘Chicken Run – Amanecer de los Nuggets’
O festival Danza no Claustro celebra tres actuacións especiais en espazos patrimoniais de Ourense
O ciclo levará danza contemporánea a Melón, Nogueira de Ramuín e Xunqueira de Espadanedo os días 1, 2 e 3 de agosto
35 concellos ourensáns recibirán axudas á adaptación funcional de vivendas de persoas maiores de 65 anos
Con estas achegas a Deputación atenderá o 100% das solicitudes presentadas, cun importe próximo a 100.000 euros
O PSdeG de Ourense destaca o labor da DO Ribeira Sacra para dinamizar o territorio
Os socialistas de Ourense mantiveron un encontro co Consello Regulador da D.O Ribeira Sacra para escoitar as inquedanzas e buscar proxectos estratéxicos para impulsar o futuro do sector
Os socialistas esixen medidas ante a expansión do chancro nos castiñeiros da provincia de Ourense
Alertan de que a situación está provocando “perdas severas” na produción de castaña e nas rendas das familias da montaña do rural
A Escola Infantil de Nogueira de Ramuín cumpre 20 anos
O centro organiza unha festa de aniversario este sábado, 5 de xullo
A Xunta garante que a candidatura da Ribeira Sacra “ten todo ao seu favor para conseguir ser declarada Patrimonio Mundial”
Así o aseverou na súa intervención o conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, no foro ‘A paisaxe cultura da auga da Ribeira Sacra’, celebrado en Monforte de Lemos
Os viños da D.O. Ribeira Sacra estarán presentes no Salón dos Viños e Augardentes de Galicia en Copenhague
O Consello Regulador estará presente con 22 viños de 12 adegas da Denominación de Orixe
A Ruta do Viño Ribeira Sacra incorpórase ao club Rutas del Vino de España
En total, esta ruta abrangue 21 concellos situados entre o sur de Lugo e o norte de Ourense



