Novas de Maceda
A CHMS intensifica os traballos de recuperación ambiental nas zonas afectadas polos incendios
A Confederación sinala que, dende o inicio, as prioridades foron protexer captacións de auga potable, actuar en zonas con risco de inundación e atender espazos especialmente sensibles
O Centro Tecnolóxico da Carne de Galicia impartirá unha charla na Biblioteca de Maceda
Será este luns, 24 de novembro, para dar a coñecer o seu traballo e explicar como a investigación e a innovación poden axudar a aumentar o valor dos produtos do rural
A mostra ‘Fauna Esencial’ xa pode verse en Maceda
A exposición, que consta de 28 fotografías de gran formato do naturalista e fotógrafo Ezequiel Martínez, estará aberta ao público no Centro Sociocomunitario ata o 30 de novembro
O mago Paco actúa este sábado na Biblioteca de Maceda co espectáculo “Contamaxias”
A actividade forma parte do programa organizado pola biblioteca con motivo do Día das Bibliotecas
A mostra ‘Fauna Esencial’ chegará a Maceda a finais de outubro
A exposición presenta 28 fotografías de gran formato do naturalista e fotógrafo Ezequiel Martínez, especialista en retratos naturais e colaborador de diversas publicacións
O programa de emprendemento feminino acumula máis de 70 proxectos presentados na provincia de Ourense
O prazo segue aberto ata o 15 de outubro e, ata a data, presentáronse proxectos en 30 concellos
Presentado en Taboadela o xeodestino Allariz – Maceda – Alto Arnoia baixo o lema “Destino das Artes”
O territorio está conformado polos municipios de Allariz, Vilar de Santos, Xunqueira de Ambía, Vilar de Barrio, Baños de Molgas, Paderne de Allariz, San Cibrao das Viñas, Taboadela e Maceda
O PP de Maceda renova a súa xestora con José Manuel Gil á fronte
O concelleiro relevará a Rubén Quintas despois de 12 anos como presidente da agrupación popular
Preto de 700 alumnos da provincia de Ourense participan nos campamentos dixitais da Fundación Cibervoluntarios
A iniciativa, impulsada polo Ministerio de Xuventude e Infancia, conta coa colaboración dos concellos e impartiu preto de 50 actividades na provincia
Estabilizado tras máis dunha semana o incendio de Maceda
O lume arrasa aproximadamente 3.500 hectáreas e deixou momentos de gran tensión nos lugares afectados
Canceladas as Xornadas de Folclore previstas para hoxe en Manzaneda
O resto das actuacións mantéñense á espera da evolución dos lumes activos na provincia
Continúan activos os incendios de Maceda e Chandrexa de Queixa
O lume na parroquia de Requeixo, en Chandrexa, acumula preto de 800 hectáreas calcinadas
Maceda aproba os orzamentos municipais para 2025
A rexedora, Uxía Oviedo, explica que o municipio vivía unha situación insostible cunhas contas prorrogadas desde 2022 que neste curso deixaban unha diferenza de 550.000 euros coas necesidades reais
As Xornadas de Folclore celebran a súa 40 edición con exposición dos carteis históricos
Actualmente, a mostra pode verse na Casa de Cultura de Allariz, e posteriormente trasladarase ao Carballiño, Xinzo e Ribadavia
Maceda celebra a súa XVII Cea Popular este venres
O prazo para adquirir os tickets estará aberto ata mañá mércores 6 de agosto
O Entroido Quente de Maceda regresa este sábado
O evento arrancará co tradicional Rally do Humor e contará con actuacións musicais ao longo de toda a xornada
O ‘Circuíto provincial de cine de verán 2025’ achegará 5 películas a 30 concellos ourensáns
As sesións, que se estenderán ata o 30 de setembro, incluirán películas como ‘As Neves’, ‘Antes de Nós – Castelao’, ‘Os demos de Barro’ e a cinta de animación ‘Chicken Run – Amanecer de los Nuggets’
A Biblioteca de Maceda convida a pasar unha mañá de diversión co xogo do UNO
A proposta, gratuíta e sen necesidade de inscrición previa, está pensada tanto para crianzas como persoas adultas
Maceda mellora a accesibilidade na piscina municipal coa instalación dunha cadeira adaptada
Co obxectivo de que todos os veciños e veciñas poidan desfrutar deste espazo lúdico e deportivo
A Biblioteca de Maceda organiza partidas de “Desconfío” abertas a todas as idades
Será este martes, 16 de xullo, e non require de inscripción previa
Os socialistas esixen medidas ante a expansión do chancro nos castiñeiros da provincia de Ourense
Alertan de que a situación está provocando “perdas severas” na produción de castaña e nas rendas das familias da montaña do rural
Maceda organiza este sábado as súas Olimpíadas de Xogos Populares
Haberá carreiras chancas e sacos, billarda, brilé, rá e moitas máis actividades
Profesionais dos PAC de Ourense fórmanse no manexo de pacientes críticos
O curso ten por obxectivo o adestramento en tempo real na identificación precoz e abordaxe inicial dos códigos tempo dependentes implantados no Sergas
O Concello de Maceda organiza unha charla informativa sobre técnicas de control contra a velutina
Será o vindeiro xoves, 29 de maio, no salón de actos do Concello




