101 familias quedan en lista de agarda para as axudas a comedores escolares do Concello de Ourense

OurenseXa
O Concello de Ourense vén de publicar a listaxe definitiva das axudas a comedores escolares, deixando fóra a 101 familias das 409 que cumprían con todos requisitos
Imaxe recurso dun comedor escolar
19 sep 2024

O Concello de Ourense vén de publicar a listaxe definitiva das axudas a comedores escolares para o curso 2024/2025, para as que se recibiron máis de 800 solicitudes. Das 409 familias que cumprían todos os requisitos para acceder a elas, 101 quedan en lista de agarda por esgotarse os fondos, que acadan os 80.775 euros para o ano 2024, aos que hai que sumar 188.475 para o ano 2025.

Ademais, do total de solicitudes, 466 foron rexeitadas por non cumprir algún dos requisitos, como non haber estado empadroados no Concello e Ourense  tres meses antes de presentar a solicitude,  superar os 3.700 euros de renda per cápita anual ou haber presentado as solicitudes fóra de prazo ou coa documentación incompleta.

Pola súa banda, o Concello publica tamén as axudas para libros e material escolares, para as que se recibiron máis de 500 solicitudes, das cales 154 foron aceptadas mentres que 466 non cumpriron cos requisitos, non quedando ningunha familia en lista de agarda. Estas axudas contan cun orzamento total de 25.000 euros.

0.089844942092896