A Andaina Solidaria do Concello de Amoeiro regresa este domingo

OurenseXa
A proba desenvolverase integramente nos paraxes do concello de Amoeiro, dando a coñecer aos participantes a riqueza cultural e paisaxística do municipio
cartel-andaina-solidaria-amoeiro
18 Dec 2024

O Concello de Amoeiro e a Asociación Os Bieletas organizan, un ano máis, a Andaina Popular Solidaria de Amoeiro, unha proba de carácter non competitivo, que se desenvolverá integramente nos paraxes do concello de Amoeiro, dando a coñecer aos participantes a riqueza cultural e paisaxística do municipio.

Constará de dúas variantes, unha curta de 10,5 quilómetros e outra longa de 22,2 quilómetros. O prazo para inscribirse en calquera delas estará aberto ata este xoves, 19 de decembro, tanto de forma presencial como por internet, nas instalacións ou na web o Concello.

A saída da proba terá lugar as 9.30 horas e antes, ás 8.45 horas, os participantes poderán recoller os seus dorsais. O obxectivo é recolectar de forma voluntaria alimentos nos perecedoiros para colaborar co Banco de Alimentos de Ourense.

0.17123889923096