A Asociación de Mulleres Rurais de Cortegada organiza unha ruta de sendeirismo por Meréns o 13 de setembro

A Asociación de Mulleres Rurais de Cortegada continúa co seu programa de Rutas Culturais polas parroquias do municipio, unha iniciativa que busca dar a coñecer de preto a historia, as tradicións e a contorna natural da zona. Nesta ocasión, a segunda parada do proxecto terá lugar na parroquia de Meréns, cun percorrido pensado para descubrir camiños con historia, elementos do patrimonio local e a esencia da vida rural.
A ruta, denominada 'San Cibrán – Meréns', ten un nivel de dificultade medio e unha distancia de 6,600 quilómetros. Está prevista para o vindeiro 13 de setembro, con saída ás 9.00 horas dende o Campo da Festa de Meréns.
A participación ten un custo de 10 euros por persoa, que inclúe avituallamento durante o percorrido e un pincho ao rematar a actividade. Quen desexe apuntarse deberá facelo antes do 9 de setembro de 2026, a través do teléfono 600 551 873 ou do correo electrónico termaisdecortegada@gmail.com.
Dende a organización animan aos veciños a sumarse a esta iniciativa e a compartir a convocatoria, lembrando que coñecer o patrimonio propio é tamén unha forma de coidalo.