A Asociación Veciñal de Seixalbo organiza clases de pilates os mércores

A Asociación Veciñal de Seixalbo puxo en marcha un novo curso de pilates dirixido aos veciños da zona que queiran coidar a súa saúde física e mental. As clases impartiranse todos os mércores, en horario de 18.00 a 19.00 horas, nas instalacións de Seixalbo.
Segundo explicou a propia asociación, esta actividade está pensada para quen busca mellorar o seu benestar xeral a través do exercicio. Entre os beneficios que destacan da práctica do pilates atópanse a mellora da postura corporal, o aumento da forza muscular, a redución do estrés e a tonificación do corpo.
Quen estea interesado en inscribirse ou precise máis información pode poñerse en contacto a través do WhatsApp Veciñal, no número 603 64 81 14. Dende a organización precisan que este teléfono está habilitado unicamente para o envío de mensaxes, xa que non admite chamadas.