A Axencia de Lectura Municipal de Taboadela recibe unha subvención para dinamizar a lectura

OurenseXa
O DOG vén de publicar a lista de ayudad para dinamizar a lectura en bibliotecas públicas e agencias de lectura municipais
biblioteca_taboadela
Axencia de Lectura Municipal de Taboadela
10 abr 2024
A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, destinará un total de 840,51 á Axencia de Lectura Municipal de Taboadela.
O Diario Oficial de Galicia (DOG), vén de publicar a lista de entidades beneficiarias das axudas destinadas a dinamizar a lectura en bibliotecas públicas e axencias de lectura municipais en Galicia. Estas subvencións, concedidas baixo a Orde do 18 de decembro de 2023, contan cun orzamento de 195.000 euros para o ano 2024.