A Biblioteca Municipal de Pereiro de Aguiar acollerá un Obradoiro infantil para festexar o Samaín
OurenseXa
A actividade terá lugar este domingo para nenos e nenas de entre 3 e 6 anos

Cartel do Obradoiro de Samaín, Pereiro de Aguiar
25 Oct 2024
O Concello de Pereiro de Aguiar organiza para este domingo, 29 de outubro, un obradoiro infantil dirixido a nenos e nenas de entre 3 e 6 anos de idade, con motivo das celebracións do Samaín.
A actividade desenvolverase na Biblioteca Municipal entre as 17.30 e as 18.30 horas e os interesados poderán anotarse a través dos teléfonos 685 528 538 e 988 259 839.