A Biblioteca Pública Municipal de Maceda organiza unha nova sesión de xogos de mesa

OurenseXa
Trátase dunha actividade aberta a todos os públicos e sen necesidade de inscrición previa que terá lugar este xoves
o-pobo-dorme-maceda
20 May 2026

A Biblioteca Pública Municipal de Maceda organiza unha nova sesión de xogos de mesa dentro da actividade “Mesa Con-partida… a xogar!”.

A cita será este xoves 21 de maio ás 17:30 horas, cunha tarde dedicada ao xogo e á convivencia na biblioteca. Nesta ocasión, os participantes poderán gozar dunha partida do xogo “El Pueblo Duerme”, unha proposta de misterio e dedución na que haberá que descubrir quen mente e quen di a verdade.

Trátase dunha actividade aberta a todos os públicos e sen necesidade de inscrición previa.

0.12144780158997