A Bola ofrece un servizo de asesoramento para a regularización de persoas inmigrantes

O Concello da Bola vén de poñer en marcha un servizo de asesoramento dirixido a persoas inmigrantes co obxectivo de facilitar os trámites necesarios para a regularización da súa situación en España.
A iniciativa está orientada a informar e acompañar as persoas estranxeiras nos procedementos administrativos, incluíndo a tramitación de documentación, solicitudes de citas, permisos de residencia e traballo, procesos de arraigo e outras xestións relacionadas.
Segundo explican desde Concello, o servizo busca mellorar o acceso á información e favorecer a inclusión e a igualdade de oportunidades no municipio. As persoas interesadas poden obter máis información a través do teléfono 988 45 12 93.