A Bola organiza un campamento de Semana Santa para os máis cativos

OurenseXa
A "Semana Divertida" está enfocada a nenos e nenas de entre 3 e 12 anos
A_bola_campamento
21 mar 2024

O Concello de A Bola organiza para esta Semana Santa un campamento dirixido aos máis cativos baixo o título "Semana Divertida". Esta iniciativa enmárcase dentro do Plan Corresponsables posto en marcha pola Xunta de Galicia.

As actividades levaranse a cabo entre os días 25, 26 e 27 de marzo e o 1 de abril, entre as 10.00 e as 14.00 horas. Poderán anotarse os nenos e as nenas de entre 3 e 12 anos.

Os interesados poden confirmar a asistencia nos teléfonos 9888 451 293, ou no 604 037 952.