A Cavernícola Race Barbadás pecha as inscricións con récord de asistencia

OurenseXa
A proba, que se celebrará este sábado, reunirá este ano a máis de 530 participantes
cavernicola-race
6 May 2026

A carreira de obstáculos Cavernícola Race Mapfre celebrará o vindeiro 9 de maio na Valenzá a súa sétima edición, que pechou as inscricións con máis de 530 deportistas inscritos, converténdose na convocatoria con maior participación ata o momento. A proba, organizada polo Concello de Barbadás a través do Servizo Municipal de Deportes, mantén abertas aínda as inscricións.

A competición, que combina forza, velocidade e resistencia nun entorno natural, forma parte da Liga nacional AOCO, da Liga Norte de España e da Aurum Terrae de Ourense. O coordinador deportivo, Diego López, puxo en valor esta presenza en distintas ligas, mentres que tamén destacou o traballo do equipo organizador e do Cavernícola OCR Team.

Como novidade, esta edición incorpora novos obstáculos e estrea unha categoría específica para os máis pequenos.

0.12941193580627