A Copa Deputación de Balonmán reúne esta fin de semana en Ourense aos seis clubs da provincia

OurenseXa
O torneo, que cumple 43 anos, comezará este venres e prolongarase ata o sábado 30 de maio nas instalacións de Expourense
copa-deputacion-ourense
29 May 2026

A XLIII edición da Copa Deputación de Ourense de balonmán disputarase esta fin de semana en Expourense coa participación dos seis clubs que representan actualmente esta modalidade deportiva na provincia.

A competición foi presentada este xoves no Pazo Provincial nun acto no que participaron Diego Enrique Álvarez, en representación da Área de Deportes da Deputación; Manuel Pérez, xefe do Servizo de Deportes da Xunta en Ourense; e Bruno López, presidente da comisión xestora da Federación Galega de Balonmán. No evento tamén estiveron presentes responsables dos clubs participantes e representantes da federación autonómica.

A nova edición desta cita deportiva forma parte das tradicionais Copas Deputación, unha iniciativa consolidada no calendario deportivo ourensán que reúne arredor de 20.000 deportistas en diferentes modalidades. Desde a organización destacaron que estas competicións constitúen “un dos proxectos deportivos máis amplos e participativos de toda Galicia”.

Os equipos que competirán nesta edición son o Club Balonmán Miño, Club Balonmán Milenio Ourense, Escola Balonmán Ribadavia, Club Deportivo Cultural Ribeiro, Asociación Deportiva Balonmán Carballiño e Club Balonmán Cidade das Burgas.

O torneo comezará este venres e prolongarase ata o sábado 30 de maio nas instalacións de Expourense.

0.12069201469421