A Deputación de Ourense dota de material deportivo a seis clubs de piragüismo da provincia

OurenseXa
A entrega forma parte do convenio de colaboración de 2026 coa Federación Galega de Piragüismo para impulsar o deporte de base na provincia
Piragüismo Deputación Ourense
28 Sep 2026

Os clubs de piragüismo da provincia de Ourense recibiron material deportivo destinado ás súas escolas de base. A entrega tivo lugar nun encontro entre o asesor de deportes da Deputación de Ourense, Quique Álvarez, e os representantes das entidades participantes.

A dotación enmárcase no convenio de colaboración que a institución provincial mantén durante este 2026 coa Federación Galega de Piragüismo. O acordo busca fomentar a práctica desta disciplina na provincia e reforzar as escolas deportivas de base. Froito deste marco, cada club recibiu un kayak.

Ao acto asistiron representantes de Piragüismo Ourense, Náutico Ribeiro, Fluvial Avión-Castrelo de Miño, Fluvial O Barco, Fluvial Allariz e SCDX Fontefría (Muíños). O material empregarase tanto nas escolas deportivas destas entidades como nas próximas competicións nas que participen os nenos e nenas que practican piragüismo na provincia.

Pola súa banda, os clubs quixeron expresar o seu agradecemento polo interese e o apoio que a Deputación mostrou cara a este deporte, non só na presente tempada, senón tamén nas anteriores. Segundo destacaron, este apoio contribúe a que cada ano máis mozos e mozas se aproximen ao piragüismo e favorece a creación de novos clubs no rural ourensán.

0.18014097213745