A Deputación destina máis de 900.000 euros para a renovación dos campos de fútbol de Amoeiro e Toén

A Deputación de Ourense vén de aprobar seis convenios cooperación con distintos concellos ourensáns para levar a cabo actuacións en materia deportiva.
En concreto, o Pleno da Deputación aproba destinar un un orzamento de 474.447,29 euros, dos cales a Deputación achegará 427.002.56 euros e o Concello os 47.444,73 euros restantes, para a instalación de céspede artificial no campo de fútbol da Penafita, en Amoeiro.
Pola súa banda, para o novo campo de fútbol municipal de herba artificial de Toén destinarase un orzamento de 500.000 euros, dos cales a Deputación achegará 450.000 euros e o Concello os 50.000 euros restantes.
Ademáis, aprobouse tamén un orzamento de 417.793,50 euros para as obras no campo de fútbol de Arnoia, 384.390 euros para obras no campo de Cartelle, 398.002,60 euros para a instalación de céspede artificial no campo de fútbol de Lobios e 500.000 euros para a reforma do campo de fútbol O Agro, na Pobra de Trives.