A Deputación e o Ourense CF reforzan a súa colaboración

O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, reuniuse no Pazo Provincial con membros da directiva do Ourense CF, co obxectivo de coñecer as necesidades do club e manifestar os parabéns por recentes éxitos como a Copa do Rei, que permitiu chegar a oitavos de final tras vencer o conxunto ourensán ao Valencia e, por outra banda, colocar á capital na elite do fútbol.
No encontro de traballo tamén participaron o director da área de Cultura e Deporte da institución provincial, Marcos Vázquez, así como o asesor de Política Deportiva, Diego Enrique Álvarez.
Os responsables do club expuxeron no Pazo Provincial as circunstancias da competición, así como outros asuntos de carácter deportivo e de organización para esta tempada.
O presidente provincial, Luis Menor, lembrou o compromiso da Deputación de Ourense co fomento do deporte e trasladoulle aos membros da directiva a intención da institución provincial de continuar na senda de colaboración fronte as necesidades prantexadas, especialmente en materia de infraestruturas deportivas.