A Escola de Celanova recupera as clases de ioga por petición dos usuarios

A Escola de Celanova anuncia o regreso do ioga á súa programación de actividades, atendendo así a unha das peticións máis repetidas por parte dos usuarios do centro.
Trátase dunha disciplina con grande demanda que procura ofrecer un espazo dedicado ao coidado físico, a mellora da mobilidade corporal e a relaxación, favorecendo a desconexión da rutina diaria.
As clases impartiranse os luns e mércores, en horario das 18.30 horas.
Quen estea interesado en participar xa pode formalizar a súa preinscrición a través da páxina web do centro, www.edccelanova.gal. Unha vez recibida a solicitude, desde a organización poñeranse en contacto con cada persoa para confirmar a súa praza definitiva.
Desde a Escola de Celanova agradecen aos veciños a súa participación activa á hora de propoñer novas actividades, salientando que estas achegas axudan a seguir ampliando a oferta formativa e de lecer do centro.