A Facultade de Educación de Ourense celebrou as Letras Galegas cunha xornada centrada na voz das mulleres

OurenseXa
Alumnado, profesorado e persoas vinculadas á autora homenaxeada reuníronse o pasado xoves en torno á figura da autora
Diseño sin título (6)
3 May 2026

A Facultade de Educación e Traballo Social do campus de Ourense conmemorou este xoves o Día das Letras Galegas 2026 cun programa de actividades que puxo o foco na creación literaria feminina. A xornada, baixo o título ‘De Rosalía a Begoña Caamaño: as letras galegas con voz de muller’, reuniu alumnado, profesorado e persoas vinculadas á autora homenaxeada.

Durante o encontro presentáronse pezas audiovisuais elaboradas por estudantes do centro, nas que se reinterpretaron contos tradicionais tomando como referencia a figura de Begoña Caamaño. O programa incluíu tamén unha conversa coa xornalista Ana Romaní, que abordou o papel do compromiso desde unha perspectiva feminina, así como a lectura do relato Xogando con Begoña, a cargo de Maika Aguado.

A sesión pechouse cun concerto do músico e docente Xosé Constenla, que combinou a música coa lectura de textos xornalísticos da autora homenaxeada, establecendo un diálogo entre palabra e son.

A iniciativa contou co respaldo das vicerreitorías de campus e de Extensión Universitaria, así como da Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo. Entre o público asistente atopábanse tamén familiares de Begoña Caamaño.

0.12510895729065