A Facultade de Enxeñería Aeroespacial do Campus de Ourense consolídase como centro de excelencia académica

OurenseXa
A Escola de Enxeñería Aeronáutica e do Espacio obtén a nota de corte máis alta de toda a Universidade de Vigo e a décima en toda Galicia, cun 12,420
Escola de Enxeñería Aeroespacial do Campus de Ourense
Escola de Enxeñería Aeroespacial do Campus de Ourense
9 Xul 2024

A Facultade de Enxeñería Aeroespacial do Campus de Ourense consolídase como centro de excelencia académica tras obter a nota de corte máis alta de toda a Universidade de Vigo e a décima en toda Galicia, cun 12,420.

A seguinte nota de corte máis alta dentro do campus é a da Facultade de Relacións Internacionais, seguida de Administración e Dirección de Empresas e Enfermaría.

A Escola de Enxeñería Aeronáutica e do Espacio do campus de Ourense naceu no ano 2016 e, desde entón, non parou de medrar. A Facultade acolle cada ano a 50 novos estudiantes, entre os que se atopan as mellores notas de toda España. No curso 2023-2024, a Escola incluiu tamén un Máster Universitario en Enxeñería Aeronáutica.

Actualmente, a Escola está ubicada nun dos edificios antigos do Campus, inda que para os vindeiros anos está prevista a construción dun novo espacio situado nunha das parcelas do Campus Sur que contará cunha maior capacidade e unhas instalacións máis modernas e adaptadas ás necesidades do alumnado e do persoal investigador.

 

0.19558095932007