A Feira de Ourense cambia de localización polas obras da senda do Barbaña

OurenseXa
Esta modificación afectará á feira do vindeiro martes 26 de novembro e ten previsto ter unha duración dun mes e medio
Mapa das obras na senda do Barbaña
24 Nov 2024

A execución dos traballos da senda peonil do Barbaña obriga a cambiar de localización da Feira de Ourense, que se desenvolve os días 7, 17 e 26 de cada mes

Desta maneira, o Concello trasladará os postos de venda ambulante, que habitualmente se instalan no paseo do Barbaña, cara ao entorno da Praza de Abastos e a zona da pista deportiva do Parque Barbaña, tal e como se indica no plano que se achega. Ademais, habilitarase a rúa Clara Campoamor para estacionamento de vehículos.

Esta modificación afectará á feira do vindeiro martes 26 de novembro e ten previsto ter unha duración dun mes e medio.

0.169193983078