A final do Mundial poderá verse na Praza Maior e no Paseo Ribeira de Canedo

O Concello de Ourense habilitará este domingo, 19 de xullo, dúas pantallas xigantes para que a veciñanza poida seguir en directo a final da Copa do Mundo de fútbol, na que participará a selección española.
As pantallas estarán situadas na Praza Maior e no Paseo Ribeira de Canedo, xunto á Ponte Romana, dous espazos que permitirán reunir á afección ourensá durante a retransmisión do encontro, que dará comezo ás 21.00 horas.
No caso de que España se proclame campioa do Mundial, o Concello establece a Praza de Concepción Arenal como punto de encontro para a celebración da vitoria.