A III Festa do Porco ao Espeto reuniu a máis de 200 persoas en Amoeiro nunha xornada de confraternidade

OurenseXa
A celebración consolídase como unha cita de referencia no municipio tras a súa terceira edición
festa-porco-ao-espeto-amoeiro
23 May 2026

A III Festa do Porco ao Espeto reuniu a máis de 200 persoas en Amoeiro nunha xornada de confraternidade

A celebración consolídase como unha cita de referencia no municipio tras a súa terceira edición

O Concello de Amoeiro celebrou o pasado sábado a terceira edición da Festa do Porco ao Espeto, unha xornada gastronómica que reuniu veciñanza e visitantes nun ambiente de confraternidade e que resultou todo un éxito.

Segundo a organización, máis de 200 persoas participaron no xantar popular instalado baixo carpas, nun evento que busca poñer en valor as tradicións culinarias locais e fomentar a convivencia entre a poboación.

Os traballos de preparación comezaron a primeira hora da mañá, arredor das 7.00 horas, co obxectivo de acadar o punto óptimo de cocción da carne. En total, asáronse ao espeto 10 porcos, cun peso medio duns 15 quilos cada un, seguindo o método tradicional.

Dende o Concello destacan a boa acollida desta edición e o ambiente rexistrado ao longo de toda a xornada, que se consolidou como unha das citas festivas e gastronómicas máis destacadas do municipio.

A organización agrade a colaboración do equipo implicado no evento e tamén o labor de Protección Civil de Amoeiro, que contribuíu ao desenvolvemento da actividade.

0.11899399757385