A ITV móbil de vehículos agrícolas chegará a Maceda no mes de maio

OurenseXa
A ITV móbil desprazarase a Maceda os días 8, 9 e 10 de maio para realizar a inspección técnica de vehículos agrícolas
tractor-itv-agricola
A ITV móbil de vehículos agrícolas chegará a Maceda no mes de maio
11 abr 2024
Os vindeiros días 8, 9 e 10 de maio de 2024, desprazarase a Maceda unha unidade móbil da ITV para realizar a inspección técnica de vehículos agrícolas. Esta unidade móbil estará ubicada na expranada alto campo da feira.

Horarios

  • Mércores, 8 maio: de 9.00 a 13.30 horas
  • Xoves, 9 maio: de 9.00 a 13.30 horas e  de 15.15 a 18.00 horas
  • Venres, 10 maio: de 9.00 a 13.30 horas e de 15.15 a 18.00 horas
A cita previa poderá solicitarse no teléfono 902 905 054 o na web de SYC ITV.