A Maratón de Fútbol Sala de Cartelle volveu resultar todo un éxito

OurenseXa
A competición reuniu un ano máis a equipos e afección nunha cita marcada polo deporte, a convivencia e a emoción ata o final
chokineta-cartelle
21 Jul 2026

A Maratón de Fútbol Sala de Cartelle pechou unha nova edición cunha intensa xornada de competición na que o equipo Chokineta se proclamou vencedor tras completar o torneo como primeiro clasificado.

O segundo posto foi para o equipo A Carballeira, mentres que Damalin completou o podio ao finalizar na terceira posición. A cuarta praza correspondeu ao equipo Zamoucos e o premio de consolación recaeu en Casi Seara.

Desde a organización felicitaron a todos os conxuntos participantes polo seu compromiso ao longo do campionato e destacaron o ambiente vivido durante o torneo, no que non faltaron momentos de emoción e compañeirismo.

A organización tamén agradeceu a asistencia do público que acompañou a competición desde as bancadas, contribuíndo a consolidar o Maratón de Fútbol Sala como unha das citas deportivas habituais do verán en Cartelle.

0.12440299987793