A Merca acollerá un curso de rehabilitación de mobles a partir do mes de maio

O Concello da Merca organiza un curso de rehabilitación de mobles que permitirá ás persoas participantes aprender técnicas básicas de restauración para dar unha segunda vida a pezas antigas.
A actividade dará comezo o 5 de maio e desenvolverase todos os martes en horario de 16:00 a 19:00 horas. O lugar de realización será o antigo centro de saúde do municipio.
O curso está dirixido a persoas interesadas en iniciarse na restauración de mobles, como mesillas, cadeiras ou cabeceiros de cama. As persoas inscritas deberán levar o seu propio moble desde o primeiro día, xa que é condición imprescindible para participar.
Así mesmo, o Concello informa de que o curso non inclúe o material necesario, polo que cada participante deberá asumir o custo dos produtos empregados durante o proceso. As inscricións poden realizarse no propio Concello de forma presencial ou a través do teléfono 988 260 000.