A Merca modifica a periodicidade dos plenos do Concello

O Concello da Merca aprobou o pasado mes de decembro a modificación do acordo adoptado no Pleno municipal, en sesión extraordinaria do 13 de xullo de 2023, no que se establecía a periodicidade da realización das sesións plenarias.
A partir de 2025, tal e como vén d publicar este mércores o Boletín Oficial da Provincia, as sesións ordinarias do Pleno do Concello da Merca levaranse a cabo no Salón de Sesión da Casa Consistorial, o terceiro mércores dos meses de xaneiro, marzo, maio, xullo, setembro e novembro, ás 20.00 horas, en primeira convocatoria, e dous días despois, á mesma hora, en segunda convocatoria.
Ademais, contémplase tamén a posibilidade de ben por propia iniciativa da alcaldía ou ben a instancia dos voceiros dos grupos políticos, a variar a data e hora de realizar a sesión ordinaria, sempre por causas xustificadas e previo aviso, respectando sempre a periodicidade mínima antes establecida e as normas legais sobre forma e prazos da convocatoria.