A operación "Vodka" contra as narcolanchas leva xa seis persoas detidas

OurenseXa
A operación policial iniciada este mércores en Ourense e Pontevedra contra os fabricantes de "narcolanchas" continúa aberta
celso_emilio_ferreiro
Rúa Celso Emilio Ferreiro, Ourense
18 abr 2024

Ourense amanecía este mércores co ruido dos helicópteros que sobrevolaron a ciudade no marco dunha macro operación policial contra unha red de fabricación de "narcolanhas". Ata a data, son seis a personas detidas tras os rexistros realizados dentro da chamada operación "Vodka".

O operativo, que continúa en activo e atópase baixo segredo de sumario, sería o segundo conta as "narcolanhas" levado a cabo durante esta semana na península, logo de que as forzas de seguiridade lograsen desarticular ao maior grupo de narcotransportistas no Estreito de Xibraltar en Cádiz, onde dous dos detidos son galegos.

En Ourense, os rexistros comezaron onte en torno ás 7.00 horas da mañá, cando un dispositivo da Garda Civil chegou ao número 12 da rúa Celso Emilio Ferreiro, onde se atopaba un dos detidos.

Ao mesmo tempo, leváronse rexistros na zona do Vinteún e, posteriormente, o maior dispositivo policial chegaba ao Pereiro de Aguiar, concretamente á urbanizacióin Monterrei, onde as unidades da Garda Civil realizaron varios rexistros.

A chamada operación continúa aberta e leva xa polo menos sete vivendas rexistradas, dúas delas en Pontevedra e as outas cinco en Ourense.