A Peroxa acolle o Campionato de España de Hard Enduro

OurenseXa
As proba, valedoira do campionato de España e de Europa de Hard Enduro, arranca este venres, 19 de abril
hard_enduro_a_perexa_2024_presentacion
Presentación do Hard Enduro A Peroxa 2024
18 Abr 2024

A Peroxa acollerá os días 19, 20 e 21 de abril, as probas de Hard Enduro, sendo escenario, un ano máis, desta proba valedoira do Campionato de España e de Europa desta modalidade.

O municipio ourensán recibirá a numerosos motociclistas que competirán en espectaculares terreos, propicios para practícaa desta modalidade de enduro.

O vicepresidente segundo da Deputación e deputado de Deportes, César Fernández, participou hoxe no Castelo de A Peroxa, na presentación deste Campionato de España e Europa de Hard Enduro. No acto tamén participou o alcalde e o concelleiro de Deportes da Peroxa, Manuel Seoane e José Manuel Rodríguez; o secretario xeral para o Deporte da Xunta, José Ramón Lete Lasa; o xefe de Deportes da Xunta en Ourense, Manuel Pérez; e o presidente de Motoclub A Peroxa, José Manuel Quintas.
0.17508101463318