A Peroxa acollerá unha maratón de fútbol sala os días 4 e 5 de xullo

A Peroxa acollerá os días 4 e 5 de xullo unha maratón de fútbol sala organizada polo Concello, unha actividade pensada para desfrutar do deporte en plena Ribeira Sacra ourensá, promovendo a convivencia e a práctica deportiva na comarca.
Para poder participar será necesario inscribirse previamente antes do 1 de xullo. As inscricións poden realizarse nos teléfonos 620 468 237 ou 670 618 179. O custo da participación é de 100 euros por equipo.