A Peroxa prepárase para as festas de Carracedo, do 11 ao 13 de setembro

RibeiraSacraXa | OurenseXa
A parroquia celebrará tres xornadas de actos relixiosos e verbenas, con orquestras, comidas populares e unha sesión de disco móbil como remate
festas_a_peroxa
2 Sep 2026

A localidade de Carracedo, no concello da Peroxa, vivirá entre o 11 e o 13 de setembro as súas festas en honra á Virxe do Amparo, tres días marcados pola combinación de actos relixiosos e celebracións populares.

Os festexos comezarán o venres 11 cunha misa seguida da tradicional procesión das antorchas ás 20.30 horas. A continuación terá lugar unha cea popular organizada pola Comisión de Festas, para a que se poderán facer encargos a través de dous números de teléfono habilitados ata o mércores 9 de setembro. A xornada pecharase cunha verbena amenizada pola orquestra América SL.

O sábado 12, a programación relixiosa continuará cunha misa solemne ás 19.30 horas, dando paso despois á festa e verbena a cargo da orquestra Trébol.

A celebración prolongarase ata o domingo 13, día no que se celebrarán dúas misas solemnes, ás 11.00 horas e ás 12.30 horas. Pola tarde sucederanse unha sesión vermú e outra vespertina coa actuación da orquestra Compostela, mentres que como remate das festas está prevista unha sesión de disco móbil a cargo de Apocalipsis.

Como antesala destes festexos, lémbrase que o domingo 6 de setembro, ás 18:30 horas, levarase a cabo a subida da Virxe do Amparo, e que a partir desa data se rezará a novena todos os días ás 19.00 horas.

Durante as festas, o servizo de bar será atendido por membros da propia comisión organizadora. Ademais, tanto a noite do sábado como o mediodía do domingo, a Taberna Malé ofrecerá comidas e ceas por encarga, para as que tamén se habilitaron teléfonos de reserva.

0.16674399375916