A Praza de Concepción Arenal pechará ao tráfico desde este sábado ás 10:00 horas

OurenseXa
O corte previsto polas Festas de Ourense comezará dúas horas antes do previsto inicialmente por motivos loxísticos e manterase ata a desmontaxe dos escenarios dos concertos programados
plaza-concepcion-arenal-ourense
19 Jun 2026

O corte de tráfico previsto na Praza de Concepción Arenal para mañá, sábado 20 de xuño, no marco das Festas de Ourense, adiántase e pasará a iniciarse ás 10.00 horas, en lugar das 12.00 horas inicialmente fixadas, por razóns loxísticas.

Segundo a información facilitada, o peche manterase vixente ata que remate a retirada dos elementos instalados para os concertos previstos na zona, entre eles o de Cantajuego (20.30 horas) e o de Conductores Suicidas, tributo a Joaquín Sabina (0.00 horas).

O Concello lembra ademais que a rúa Pardo de Cela, no tramo entre a Praza de Concepción Arenal e a glorieta do Mundo, continúa cortada ao tráfico ata o luns 22, cando se complete a desmontaxe dos escenarios situados xunto ao Pavillón.

Así mesmo, con motivo das atraccións festivas, durante esta fin de semana tamén permanecerán pechados ao tráfico polas tardes o Paseo Ponte Pedriña e a rúa Portocarreiro, neste caso no tramo comprendido desde a Travesía Portocarreiro B ata a rotonda da rúa Fonte do Bispo, a partir das 17.00 horas.

0.13382291793823