A rúa Villaamil e Castro pechará ao tráfico este xoves

OurenseXa
As obras de reparación do pavimento estaban previstas inicialmente para este mércores, pero finalmente levaranse a cabo o xoves
Pasarela Campus Universitario
Pasarela Campus Universitario
10 Xul 2024

A rúa Villamil e Castro, na contorna do campus novo, estará pechada ao tráfico de vehiculos o xoves, día 11 de xullo, pola execución de obras de reparación da calzada. Os traballos estaban previstos inicialmente para o mércores, pero finalmente levaranse a cabo o xoves polas condicións climatolóxicas. Durante o día de hoxe, mércores, estará permitido o paso de vehículos por quendas: primeiro pasarán os coches nun sentido e despois no outro.

0.18446707725525