A sección de Arqueoloxía do GEAAT organiza unha nova campaña de escavacións en Allariz

OurenseXa
O prazo de solicitude para esta campaña, que levarase a cabo entre os meses de xullo e agosto, estará aberto ata o vindeiro 30 de maio
armea01a
Castro de Armea
10 abr 2024
A sección de Arqueoloxía do GEAAT da Universidade de Vigo abre o prazo de inscrición para unha nova campaña de escavacións que vaise levar a cabo durante os meses de xullo e agosto na Cibdá galaico-romana de Armea, no Concello de Allariz. A inscrición permanecerá aberta ata o 20 de maio.

A convocatoria está dirixida fundamentalmente a estudantes (carreira, máster e/o doutoramento) de Historia, Arqueoloxía ou disciplinas afíns.

Haberá dúas quendas de escavación: a primeira do 15 ao 26 de xullo e a segundo do 29 de xullo ao 09 de agosto.
O horario de traballo será de 8.00 a 15.00 horas, aproximadamente, e algunhas tardes farase traballo de laboratorio, iforman dende a organización.

Os interesados poderán contar cun aloxamento en Alllariz, con manutención completa, mentres que para os residentes en Ourense que non soliciten aloxamento habilitarase o transporte ata o xacemento.