A segunda xornada da Copa Deputación de Judo reuniu arredor de 200 participantes no Paco Paz

O pasado sábado 18 de abril de 2026 celebrouse no Pazo Paco Paz de Ourense a segunda xornada da 42ª Copa Deputación de Judo, unha das competicións de referencia do judo base na provincia, que reuniu a uns 200 deportistas.
A cita tivo lugar na pista central e volveu congregar judokas de diferentes puntos do territorio ourensán, desde as categorías máis temperás —como Chupetín, para menores de 18 quilos— ata a categoría xuvenil. Unha das particularidades do evento é a inclusión da categoría OPEN, na que compiten conxuntamente deportistas masculinos e femininos.
Nesta xornada participaron representantes de clubes da cidade de Ourense, ademais das Escolas de Cambeo, Inmaculada e Baños de Molgas, nun entorno deseñado para favorecer a formación, a progresión técnica e a experiencia competitiva dos máis novos.
A Copa Deputación de Judo está organizada pola Delegación Ourensá de Judo e conta co patrocinio do servizo de Deportes da Deputación de Ourense. Trátase dunha competición de carácter formativo, considerada o principal punto de iniciación na competición oficial para a maioría dos judokas da provincia.
O torneo estrutúrase en tres xornadas puntuables, o que converte a participación en cada unha delas nun elemento clave para a clasificación final. A próxima cita está prevista para o 30 de maio.
Esta 42ª edición consolida unha das competicións formativas máis veteranas da provincia, creada no seu día polo mestre de judo 8º Dan Manuel Montero.