A terceira edición da BTT A Peroxa regresa este domingo

A Peroxa acollerá este domingo 13 de setembro a terceira edición da BTT A Peroxa, unha cita deportiva que volverá reunir no municipio afeccionados ao ciclismo de montaña.
A proba, organizada por BTF A Peroxa coa colaboración do Concello da Peroxa e da LGMC (Liga da Moto de Campo), terá a saída e chegada na Praza do Concello, ás 9.30 horas. A cita ofrece dúas modalidades: unha ruta curta cunha distancia de 30 quilómetros e un desnivel positivo de 800 metros, e unha ruta longa alcanzará os 40 quilómetros, cun desnivel positivo de 1.200 metros.
Ademais, durante o percorrido, haberá avituallamentos para os participantes e, ao remate, a organización ofrecerá pinchos.