A UD Ourense queda sen opcións de ascenso a Segunda RFEF

OurenseXa
A UD Ourense foi derrotada este domingo por un 2-1 ante o Gran Peña Celta C, que clasifícase para a fase final de ascenso a Segunda RFEF deixando sen opcións ao equipo ourensán
A UD Ourense queda sen opcións de ascenso a Segunda RFEF tras unha derrota ante o Gran Peña Celta C
10 Xuño 2024

A UD Ourense xogábase moito este domingo en Barreiro. Tras un empate na fase de ida, os ourensáns arrancaban a xornada con opcións de clasificarse para a fase final de ascenso a Segunda RFEF. Sen embargo, unha derrota por 2-1 ante o Gran Peña Celta C borraba as esperanzas do conxunto ourensán.

O que sería o marcador definitivo cehagaba antes do descanso tras un segundo gol dos celtistas, un resultado que, pese aos intentos, os de Borja Fernández non conseguiron levantar na segunda metade.

Agora, e tras quedar sen posibilidades de ascenso, o técnico ourensán pon en dúbida a súa continuidade ao fronte da UD Ourense. Eso sí, asegura que a súa saída estaría motivada por motivos persoais e que o clube sí que estaría interesado en que continuara ao fronte do equipo.

 

 

0.201416015625