A veciñanza de Toén poderá gozar de sesións gratuítas de Taichi no Parque Municipal de Moreiras a partir do 1 de xullo

OurenseXa
A actividade desenvolverase con exercicios suaves para mellorar o equilibrio, a coordinación e o benestar
tai-chi-toen
29 Jun 2026

O Concello de Toén pon en marcha unha nova actividade deportiva gratuíta dentro do programa de fomento do deporte impulsado pola Deputación de Ourense. A partir do 1 de xullo, o Parque Municipal de Moreiras acollerá sesións de Taichi abertas á veciñanza.

Trátase dunha disciplina baseada en movementos suaves e controlados que contribúen a mellorar a coordinación, o equilibrio, a mobilidade e o benestar xeral das persoas participantes.

As sesións desenvolveranse no Parque Municipal de Moreiras, situado ao carón da praza, en horario de 10:00 a 11:00 horas.

As persoas interesadas poden formalizar a súa inscrición a través do teléfono 988 261 074. Desde o Concello de Toén anímase á veciñanza a participar nesta actividade e a coñecer os beneficios desta práctica.

0.11733293533325