A volta ciclista O Gran Camiño pasará por Ourense o vindeiro sábado

OurenseXa
O Gran Camiño percorrerá este sábado máis dunha vintena de municipios ourensáns entre Xinzo de Limia e Ribadavia
O Gran Camiño 2023. Stage 4
O Gran Camiño
21 feb 2024

A volta ciclista O Gran Camiño 2024 comeza mañá xoves 22 de febreiro na cidade da Coruña, cunha contrarreloxo de 14,8 kilómetros que rematará ao pé da Torre de Hércules.

O venres 23 de febreiro terá lugar a segunda etapa, a máis dura para os participantes, cunha distancia total de 151,1 kilómetros que transcorrerán entre Taboada e Chantada.

O 24 de febreiro, a protagonista deste Gran Camiño 2024 será a provincia de Ourense, cando os participantes pasarán por unha vintena de municipios da provincia, senado a etapa máis longa de todas, con 160 kilómetros. O percorrido arrancará en Xinzo de Limia para rematar diante do Castelo de Ribadavia, pasando por Verín, Maceda e a capital das Burgas, entre outros.

Por último, o Gran Camiño 2024 rematará este domingo 25 de febreiro na provincia de Pontevedra. Esta derradeira etapa comenzará en Ponte Areas e rematará no Parque Natural do Monte Aloia, no municipio de Tui.