A xornada "Xogade coas motos" de San Cibrao das Viñas terá lugar o 27 de abril

As xornadas están enfocadas a nenos e nenas de entre 6 e 15 anos
xogade_coas_motos_san_cibrao
Xornada
14 abr 2024

As xornadas "Xogade coas motos" chegan ao Concello de San Cibrao das Viñas o vindeiro sábado 27 de abril. Un encontro de iniciación ao motociclismo enfocadas a nenos e nenas de entre 6 e 15 anos.

A cita terá lugar na explanada do Parque Tecnolóxico en horario de 10.00 a 14-00 horas e de 16.00 a 20.00 horas.

Para participar é necesario solicitar unha inscrición previa, que estará aberta ata o 25 de abril, inda que terán prioridade aqueles que se anoten antes do 19 de abril.