A Xunta destaca a traxectoria das titulacións que se imparten na Facultade de Historia do Campus de Ourense

OurenseXa
O secretario xeral de Universidades, José Alberto Díez, visitou o Campus de Ourense acompañado polo decano da Facultade, Julio Prada
xunta-visita-campus-ourense
López Campos visita a Facultade de Historia do Campus de Ourense
26 sep 2024

O secretario xeral de Universidades, José Alberto Díez, destacou a traxectoria das titulacións de Historia que se imparten na Universidade de Vigo, todas con máis de 10 edicións. Fíxoo nunha visita na que estivo acompañado polo decano da Facultade, Julio Prada, onde puxo en valor que arredor de 300 estudantes elixiron a Facultade para a súa formación.

O representante da Consellería recordou que, desde este curso, Galicia é a primeira comunidade en implantar a matrícula gratuíta para todos os universitarios que aproben, medida da que se benefician 20.000 mozos, e animou a futuros estudantes a matricularse nas titulacións da Facultade de Historia, que leva anos formando a numerosos alumnos, facilitando a coordinación con outras institucións do Sistema Universitario Galego (SUG) e adaptándose aos novos tempos.

Entre os estudos da Facultade de Historia, atópase o máster en Arqueoloxía e Ciencias da Antigüidade, que cumpre este curso 2024/2025 a súa primeira década, e que é interuniversitario coas Universidade de Santiago de Compostela e a Universidade da Coruña.

Ademais, a Facultade tamén acolle o máster en Valoración, Xestión e Protección do Patrimonio Cultural, que se imparte de maneira semipresencial desde a súa creación no curso 2014/2015.

Pola súa banda, o grao en Xeografía e Historia, que deriva da antiga licenciatura en Historia, ten tamén unha longa traxectoria e ofrece 40 prazas para os estudantes.

0.11117100715637